O dúo 2naFronteira rende o seu perosoal tributo musical a Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano para conmemorar as Letras Galegas.
Deixo dous dos seus temas:
TEÑO UNHA DOR
DEUS
lunes, 4 de mayo de 2020
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA : FAME
MIGALLAS: DIME QUE FIXECHES
DRILO, EL COCODRILO
FIGURAS MUSICAIS 2: BRANCA, NEGRA, CORCHEA E SEMICORCHEA
FIGURAS MUSICAIS: REDONDA, BRANCA, NEGRA E OS SEUS SILENCIOS
Neste vídeo tedes unha explicación destas tres figuras musicais. Animádeos a velo...
XOGOS RÍTMICOS PARA OS MÁIS PEQUENOS
Deixo algúns vídeos máis cos que podedes seguir xogando co ritmo e o corpo. Podedes pasar un bó rato; pero tedes que estar moi atentos...
domingo, 3 de mayo de 2020
EXERCICIOS RÍTMICOS
Deixovos algúns exercicios para seguir traballando co ritmo. Podedes intentalo coas sílabas rítmicas (ta, titi,tiritiri e xesto de silencio co dedo diante dos beizos) ou con percusión corporal (coas mans, as rodillas, os pés ou o chasquido cos dedos)
Deixo a proposta para traballar a Educación Artística esta semana do 4 ao 8 de maio.
Fai uns días engadía ao blogue unha entrada na que facía referencia á importancia das estacións, concretamente da primavera, como elemento inspirador para moitos músicos, que deixaron plasmada na súa obra a súa propia visión desta estación do ano.
Como ocorría cos músicos, son moitos os pintores que se sentiron inspirados pola chegada da primavera para as súas creacións xa é un tema que da moito xogo posto que implica ideas de gran beleza como: o renacer tras unha época de frío invernal; a natureza chea de flores e abundancia; a idea da xuventude, a beleza ou o amor e sobretodo é un símbolo de benestar, de alegría e de paz.
A continuación deixo algúns dos cadros máis famosos sobre a primavera.
Este vídeo serviravos para recordar algunhas cousas traballadas nas clases sobre como tocar a frauta: colocación dos dedos sobre os buratos, posicións dos dedos para conseguir as diferentes notas,...
Animádevos a coller a frauta e practicar un pouquiño!
CANTEMAOS XUNT@S
A Obra Social ABANCA presentano seu programa AFUNDACIÓN na casa unha serie de recursos para apoiar aos nen@s e ás súas familias que poden resultar útil Nestes días de confinamento nas casas.
Entre as súas propostas destaca unha visita virtual á mostra "Con D de arte". Entre as moitas actividades que nos presentan paréceme que CANTEMOS XUNT@S de Esperanza Mara é interesante para os nen@s de Educación Infantil.
Deixo o vídeo no que podedes desfrutar dunha das sesións titulada Adivina: Sabes cuál es la canción que falta?
Esta semana unha das propostas que fos fago é construír o voso propio kazoo, mirlitón, turuta,...A verdade é que é un instrumento popular e moi fácil de facer e tocar. O seu efecto sonoro é moi interesante xa que distorsiona as voces e produce sons moi graciosos.
Necesitamos poucos materiais, que seguro que teredes pola casa: rolos de papel (hixiénico, de cociña, de aluminio,...), papel celofán ou cebola (serve outro tipo de papel que non sexa demasiado groso), unhas gomas elásticas e pintura ou materiais para decoralo.
En primeiro lugar decoramos o cartón como máis nos guste. A continuación faremos un pequeno burato a uns dous centímetros dun dos extremos do tubo. Por último cubriremos un dos extremos dos rolo cun anaco de papel, que suxeitaremos cunha goma ao tubo.
Xa está listo para tocar!
AUTORRETRATOS DA HISTORIA
Como aos nen@s de 5º e 6º de Educación Primaria vos propuxen facer un autorretrato, quería deixarvos unhas mostras dalgúns dos autorretratos máis famosos da Historia da Pintura.
Grandes artístas coma Leonardo da Vinci, Velázquez, Goya, Van Googh, Picasso ou Frida Khalo
son alguns destes mestres da pintura que quixeron plasmar a súa imaxe nunha obra de arte.
Leonardo da Vinci (1513)
Velázquez (1640)
Goya (1815)
Van Gogh (1889)
Picasso ( 1907)
Frida Kahlo (1940)
PEDRO E O LOBO
Pedro e o Lobo é un conto musical escrito polo compositor ruso Sergueï Prokofiev en 1936 coa finalidade de darlle a coñecer aos nen@s os instrumentos musicais.
Cada instrumento representa unha personaxe: Pedro (cuarteto de cordas), Paxaro (frauta traveseira), Pato (oboe), Gato (clarinete), Avó (fagot) e Cazadores (vento metal e timbais)
Resúmovos nunhas liñas o conto: Pedro é un rapaz que vive no campo co seu avó. Un día deixa aberta a cancela do xardín e un dos patos escapa para ir nadar a unha charca cercana. Alí pelexa cun paxaro. Durante a pelexa aparece un gato, que quere comerse ao paxaro; pero Pedro ao darse conta avisa ao paxaro, que escapa a refuxiarse a unha árbore. Cando o avó se da conta de que Pedro está fora da casa marcha moi enfadado a buscalo xa que, como lle ten dito centos de veces ao neno, o lobo pode andar polo bosque e é moi perigoso. No momento en que Pedro e o avó marchan cara a casa aparece o lobo, que trata de atacar ao gato; pero este logra escapar encaramándose a unha árbore. O pato non corre tanta sorte e é atacado polo lobo. Pedr, que o ve todo desde o xardín, escapa outra vez da casa para axudar ao gato, Coa axuda do paxaro logra despistar ao lobo e agarralo cunha corda polo rabo. Cando aparecen os cazadores dispostos a matar ao lobo, Pedro e os outros animais non lles deixan e tratan de levar ao lobo a un zoolóxico.
Podedes encontrar moitas versións desta obra; eu deixo esta, que aínda que é algo antiga, paréceme moi divertida.