CONSTRUÍR UN KAZOO
Esta semana unha das propostas que fos fago é construír o voso propio kazoo, mirlitón, turuta,...A verdade é que é un instrumento popular e moi fácil de facer e tocar. O seu efecto sonoro é moi interesante xa que distorsiona as voces e produce sons moi graciosos.
Necesitamos poucos materiais, que seguro que teredes pola casa: rolos de papel (hixiénico, de cociña, de aluminio,...), papel celofán ou cebola (serve outro tipo de papel que non sexa demasiado groso), unhas gomas elásticas e pintura ou materiais para decoralo.
En primeiro lugar decoramos o cartón como máis nos guste. A continuación faremos un pequeno burato a uns dous centímetros dun dos extremos do tubo. Por último cubriremos un dos extremos dos rolo cun anaco de papel, que suxeitaremos cunha goma ao tubo.
Xa está listo para tocar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario