domingo, 19 de abril de 2020

PEDRO E O LOBO
Pedro e o Lobo é un conto musical escrito polo compositor ruso Sergueï Prokofiev en 1936 coa finalidade de darlle a coñecer aos nen@s os instrumentos musicais.

Cada instrumento representa unha personaxe: Pedro (cuarteto de cordas), Paxaro (frauta traveseira), Pato (oboe), Gato (clarinete), Avó (fagot) e Cazadores (vento metal e timbais)

Resúmovos nunhas liñas o conto: Pedro é un rapaz que vive no campo co seu avó. Un día deixa aberta a cancela do xardín e un dos patos escapa para ir nadar a unha charca cercana. Alí pelexa cun paxaro. Durante a pelexa aparece un gato, que quere comerse ao paxaro; pero Pedro ao darse conta avisa ao paxaro, que escapa a refuxiarse a unha árbore. Cando o avó se da conta de que Pedro está fora da casa marcha moi enfadado a buscalo xa que, como lle ten dito centos de veces ao neno, o lobo pode andar polo bosque e é moi perigoso. No momento en que Pedro e o avó marchan cara a casa aparece o lobo, que trata de atacar ao gato; pero este logra escapar encaramándose a unha árbore. O pato non corre tanta sorte e é atacado polo lobo. Pedr, que o ve todo desde o xardín, escapa outra vez da casa para axudar ao gato, Coa axuda do paxaro logra despistar ao lobo e agarralo cunha corda polo rabo. Cando aparecen os cazadores dispostos a matar ao lobo, Pedro e os outros animais non lles deixan e tratan de levar ao lobo a un zoolóxico.
Podedes encontrar moitas versións desta obra; eu deixo esta, que aínda que é algo antiga, paréceme moi divertida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario