martes, 21 de abril de 2020

PRIMAVERA E ARTE: PINTURA

PRIMAVERA E ARTE II: PINTURA
Fai uns días engadía ao blogue unha entrada na que facía referencia á importancia das estacións, concretamente da primavera, como elemento inspirador para moitos músicos, que deixaron plasmada na súa obra a súa propia visión desta estación do ano.
Como ocorría cos músicos, son moitos os pintores que se sentiron inspirados pola chegada da primavera para as súas creacións xa é un tema que da moito xogo posto que implica ideas de gran beleza como: o renacer tras unha época de frío invernal; a natureza chea de flores e abundancia; a idea da xuventude, a beleza ou o amor e sobretodo é un símbolo de benestar, de alegría e de paz.
A continuación deixo algúns dos cadros máis famosos sobre a primavera.

La primavera de Sandro Botticelli (1477-78)


La primavera de Jean-Françoise Millet (1868-1876)


Paisaje de primavera de Monet (1873)



El rito de la primavera de Ignac Ujvary (1902)

DIXITACIÓN FRAUTA

FRAUTA: DIXITACIÓN
Este vídeo serviravos para recordar algunhas cousas traballadas nas clases sobre como tocar a frauta: colocación dos dedos sobre os buratos, posicións dos dedos para conseguir as diferentes notas,...
Animádevos a coller a frauta e practicar un pouquiño!




CANTEMAOS XUNT@S
A Obra Social ABANCA presentano seu programa AFUNDACIÓN na casa unha serie de recursos para apoiar aos nen@s e ás súas familias que poden resultar útil Nestes días de confinamento nas casas.  
Entre as súas propostas destaca unha visita virtual á mostra "Con D de arte". Entre as moitas actividades que nos presentan paréceme que CANTEMOS XUNT@S de Esperanza Mara é interesante para os nen@s de Educación Infantil.
Deixo o vídeo no que podedes desfrutar dunha das sesións titulada Adivina: Sabes cuál es la canción que falta?


 



domingo, 19 de abril de 2020

CONSTRUÍR UN KAZOO

CONSTRUÍR UN KAZOO
Esta semana unha das propostas que fos fago é construír o voso propio kazoo, mirlitón, turuta,...A verdade é que é un instrumento popular e moi fácil de facer e tocar. O seu efecto sonoro é moi interesante xa que distorsiona as voces e produce sons moi graciosos.

Necesitamos poucos materiais, que seguro que teredes pola casa: rolos de papel (hixiénico, de cociña, de aluminio,...), papel celofán ou cebola (serve outro tipo de papel que non sexa demasiado groso), unhas gomas elásticas e pintura ou materiais para decoralo.

En primeiro lugar decoramos o cartón como máis nos guste. A continuación faremos un pequeno burato a uns dous centímetros dun dos extremos do tubo. Por último cubriremos un dos extremos dos rolo cun anaco de papel, que suxeitaremos cunha goma ao tubo. 
Xa está listo para tocar!