Foron moitos os artistas que se sentiron atraidos polo tema das estacións do ano para inspirarse na elaboración das súas obras. Anímovos a descubrilas e desfrutar delas!
Nunha das entradas anteriores acercabámonos á primavera coa obra de Vivaldi xa que quizais sexa unha das composicións máis coñecidas e fermosas deste compositor; pero non foi o único que se sentiu atraído pola beleza desta estación.
No ano 1913, o compositor ruso Ígor Stravinski presentou A consagración da primavera, unha obra que na súa orixe era unha sinfonía para ser interpretada por unha orquestra; pero que finalmente e grazas á amizade que mantiña Stravinski co fundador dos coñecidos Ballet Rusos, Serguéi Diáguilev, acabou sendo unha música para ballet. A estréa desta obra, en París, foi todo un acontecemento e un escándalo, para moitos dos asistentes a aquel espectáculo aquelo que acababan de ver e escoitar non tiña sentido e non podían consideralo unha obra de arte. Sen embargo ao ano seguinte a obra volveu a presentarse, esta vez na súa versión orquestal, é dicir sin o ballet, e convertiuse nunha das obras máis rompedoras do momento e máis transcendentais para a evolución da música.
Neste enlce podedes escoitar un pequeno fragmento desta obra nunha versión interpretada pola Orquetra Sinfónica Simón Bolivar de Venezuela, dirixida por Gustavo Dudamel, un dos mellores directores dos nosos tempos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario