Os nen@s de 3º de Primaria fixeron este vídeo. Moi chulo! Espero que vos guste...
Blogue dirixido a ser un punto de encontro entre a Música e a Arte na Ed. Infantil e Primaria
martes, 31 de marzo de 2020
domingo, 29 de marzo de 2020
Como xa sabedes un pentagrama é un conxunto de cinco liñas e catro espazos no que escribimos a música: notas, figuras, silencios e outros signos da linguaxe musical.
Esta canción tan sinxela pode axudarvos a recordalo mellor.
Deixovos un par de fichiñas para traballar a colocación das notas sol e mi no pentagrama.
https://drive.google.com/file/d/1Wur9lSb2HccJB5t8vZcGgDvb977I6p_r/view?usp=sharing
viernes, 27 de marzo de 2020
A PRIMAVERA E A ARTE I: A MÚSICA
Foron moitos os artistas que se sentiron atraidos polo tema das estacións do ano para inspirarse na elaboración das súas obras. Anímovos a descubrilas e desfrutar delas!
Nunha das entradas anteriores acercabámonos á primavera coa obra de Vivaldi xa que quizais sexa unha das composicións máis coñecidas e fermosas deste compositor; pero non foi o único que se sentiu atraído pola beleza desta estación.
No ano 1913, o compositor ruso Ígor Stravinski presentou A consagración da primavera, unha obra que na súa orixe era unha sinfonía para ser interpretada por unha orquestra; pero que finalmente e grazas á amizade que mantiña Stravinski co fundador dos coñecidos Ballet Rusos, Serguéi Diáguilev, acabou sendo unha música para ballet. A estréa desta obra, en París, foi todo un acontecemento e un escándalo, para moitos dos asistentes a aquel espectáculo aquelo que acababan de ver e escoitar non tiña sentido e non podían consideralo unha obra de arte. Sen embargo ao ano seguinte a obra volveu a presentarse, esta vez na súa versión orquestal, é dicir sin o ballet, e convertiuse nunha das obras máis rompedoras do momento e máis transcendentais para a evolución da música.
Neste enlce podedes escoitar un pequeno fragmento desta obra nunha versión interpretada pola Orquetra Sinfónica Simón Bolivar de Venezuela, dirixida por Gustavo Dudamel, un dos mellores directores dos nosos tempos.
martes, 24 de marzo de 2020
Benvida, primavera!
Acaba de comezar a primavera e anímovos a desfrutar desta estación a través da música, concretamente a partir dunha das obras máis coñecidas e fermosas do compositor italiano Antonio Vivaldi.
Vivaldi publicou no ano 1726 unha obra coñecida como "As catro estacións". Trátase dunha coleción de catro concertos (A primavera, O verán, El outono e O inverno) para violín e orquestra barroca de corda: violines, violas, violonchelos, contrabaixos e clavicémbalo. Son obras cun enorme carácter descriptivo xa que evocan, a través de elementos da linguaxe musical, distintos aspectos das estacións do ano.
A primavera (Concerto nº 1 en mi mayor, RV. 269) é un deses concertos. Consta de tres movementos: 1.º: Allegro, 2º.: Largo, 3.º: Allegro.
Desfrutade do primeiro movemento deste concerto!
viernes, 20 de marzo de 2020
APRENDO MÚSICA COAS TICS
Neste enlace podedes atopar unha gran cantidade de recursos dixitais para traballar os diferentes aspectos da música como a linguaxe musical, o ritmo, a audición, etc.
Disfrutádea!
jueves, 19 de marzo de 2020
BENVID@S AO MEU BLOGUE
Son a profe Isa, mestra de Ed. Artística do Ceip Antonio Carpintero, na localidade pontevedresa de Arbo.
Neste "muro" irei subindo diferentes actividades, vídeos, imáxes, reportaxes, etc, relacionados coa Ed. Musical, e Artística en xeral, nas etapas de Ed. Infantil e Primaria.
Ademáis aproveitarei para subir tamén tarefas que podedes facer nestes días de alarma xeral nos que temos que estar na casa. Na columna da dereita tamén irei subindo vídeos de interese; enlaces a páxinas nas que podedes traballar coa música e a plástica; as coreografías do Obradoiro de danza "Móvete"; etc...
Agardo que aproveitemos este tempo para aprender cousas novas e reforzar aquelas que xa sabemos.
Agardo que aproveitemos este tempo para aprender cousas novas e reforzar aquelas que xa sabemos.
Moitas grazas e benvid@s ao meu blogue!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)