sábado, 11 de abril de 2020

Concerto desde a casa de CHUMI CHUMA

Hoxe quero compartir convosco este concerto que, desde a casa, organizan todas as semanas o grupo CHUMI CHUMA. Hoxe o tema principal de todos os temas é a hixiene corporal.
Desfrutádeo!!!

viernes, 10 de abril de 2020

A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
Gustaríame que todos reflexionasemos un pouco sobre este tema, un problema que seguramente para moitos pasa inadvertido. 
Na nosa sociedade o silencio estase a converter nun ben escaso. De feito, de entre os moitos axentes da contaminación ambiental, tal vez sexa o ruído un dos que máis aumenta, provocando maiores molestias directas no ser humano.
Numerosos estudios amosan que a contaminación acústica provoca lesións no organismo, é a causante de danos de tipo físico e tamén de problemas de tipo psicolóxico.
Entre as doenzas de tipo físico quizais a máis evidente é a perdida  da capacidade auditiva; pero o noso corpo interpreta os sons fortes e o ruído como un sinal de alerta que afecta a todo o noso organismo e provoca alteracións fisiolóxicas no sistema cardiovascular, dixestivo e nervioso. 
O estado de alerta e tensión que produce o ruído no noso organismo tamén ocasiona problemas de carácter psicolóxico como alteración do sono, perda de concentración, ansiedade, irritabilidade, estrés,...
Os expertos consideran que unha dose de 65 dB (decibelios) é o límite para a saúde mental e física. A OMS (Organización Mundial da Saúde) recomenda un máximo de 55 dB durante o día e de 45 dB durante as noites.
Pensades que se respetan estes límites ou deberíamos concienciarnos todos un pouco máis?

miércoles, 8 de abril de 2020

AS VOSAS CREACIÓNS
Estes días estades aproveitando para facer moitas cousas na casa, nesta entrada deixovos un bonito traballo manual que fixo o compañeiro Víctor de 6º de Primaria. Gracias por compartilo con todos nós. Espero que vos guste e que vos animedes tamén a compartir as vosas creacións.